Esperit! e Atomizador en concerto no Centro de Gravedad Permanente, como parte da sua xira galacia na que presentan o seu flamante LP compartido, coeditado por Afeite al Perro, Chingaste la Confianza, Enhorabona e Big Jim Records.
Domingo 26/12-20:30h: Amalgama-Centro de Gravedad Permanente, Vigo
Martes 28/12: Casa das Atochas, A Coruña
Mércores 29/12: Bar Labranza, Bueu
Atomizador é un dos múltiples proxectos de Jose (outrora guitarra e voz de A Room With a View, Ensaladilla Rusa ou Campamento Ñec Ñec), responsable do selo punk-experimental Afeite al Perro, plataforma desde a cal leva publicada unha infinidade de referencias (Humor Vítreo, Sudor, Pulmón, Burro Ácrata, Eten, Biko, C-Utter...) que documentan unha riquísima realidade de diversidade e risco sonoro. Logo de publicar numerosas referencias de noise analóxico baixo o nome de Atomizador, recupera para este LP a guitarra, o ukelele e os xogos de voces, recordando a súa habilidade para crear melodías, que xa amosara con A Room e Campamento. Dicir que Jose tamén se adica a facer debuxos, moitos dos cales se poden ver no seu prolífico zine HAZ.
Pola súa parte, Esperit! é o proxecto persoal de Mau (antes en Zeidun, Les Aus e Omega Cinco), onde exerce de multiinstrumentista e multicacharrista, colaborando en ocasións cos máis variopintos persoeiros e deixando sempre espacio para a improvisación, e resultando da mistura unha chea de sons psicodélicos de doces e profundas melodías.
Agardámosvos a todos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario