Proxecto Ríos
Adopción e seguimento dun río vigués: o Eifonso
Propoñemoste que veñas dar una volta connosco polo Río (do que seguramente sae a auga que bebes,) o Eifonso, e ademaís de dar un paseo guiado pola natureza poidas coñecer o estado do río.
O Venrres 29 as 16:30 saímos do Centro de Gravedad Permanente (C/Marqués de Valterra nº5,Vigo).
Nota para os peatóns: Temos algunhas prazas libres para ir en coche, de seguro o Venres haberá ainda mais.
Os ríos son uns ecosistemas moi ricos nos que habita gran parte da biodiversidade que existe en Galicia. Debido á contaminación, a destrucción e modificación do hábitat e á invasión por especies exóticas, moitos destes ríos están en perigo de perder o seu valor ecolóxico. Se a esto sumamos ó abandono que sofren a mayoría dos ríos por parte dos políticos pensamos que podemos ser nós os que poñamos da nosa parte para que a situación dos ríos mellore.
Mediante una serie de parámetros que indican o “Índice de diversidade de Hábitat”, podemos saber o estado do río. Estes parámetros son fácilmente comprensibles, o que fai que calquera persoa de a pé, mediante una guía e unas poucas indicacións, poida saber o estado do río que pasa preto da súa casa.
Para a realización da Ispección de Ríos, cada grupo participante selecciona un ou varios tramos de 500 m do río escollido. Cos materiais
proporcionados polo Proxecto, realizarán unha avaliación pormenorizada das súas características e estado atendendo a parámetros como:
Velocidade da auga, caudal, tamaño da canle etc...
Descripción física
Características e estado do bosque de ribeira
Construccións, sumidoiros, etc.
Análise de augas
Fauna e flora
Unha vez feita a avaliación, completarán as Follas Resumo da Inspección que enviarán á sede do Proxecto para a elaboración dos informes e
incorporar os datos á web.
Os materiais de Inspección de Rios permiten aos grupos examinar e coñecer mellor o seu tramo de río, á vez que lles facilitan a realización dun
control eficaz. Recollen unha metodoloxía de traballo estandarizada e subministran ferramentas para a súa realización.
Para máis información podes visitar-la páxina:
o enviar un email a iagogg@gmail.com
--
Asociación Amalgama
Centro de Gravedad Permanente
C/ Marqués de Valterra 5, Vigo
asociacionamalgama.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario